O próximo luns 2 e xoves 5 de Novembro terá lugar na sala de conferencias do CampusRemoto da Universidade de Vigo una serie de obradoiros organizados polo grupo GESA dentro do proxecto EAPA_117/2018_CircularSeas, que tratarán as temáticas de: Economía Circular, impresión 3D desde distintos enfoques, xestión de residuo plástico marítimo e actividades de reciclaxe. Estas temáticas enmárcanse dentro das tres industrias marítimas obxectivo: pesca e pesca auxiliar, astaleiros e xestión de portos, e sector náutico-deportivo.

 
Pode rexistrarse para asistir a estes eventos en liña en: https://forms.gle/s4eC7BUe5vEGc3319
Pode consultar o programa dos eventos na seguinte ligazón (millor calidade): https://dpv.uvigo.es/index.php/s/3dPkaaozZF6e7qn